I met 273 start-up founders last year. And each one was looking for money. As a tech investor, my goal was to sort through everyone that I met and make a quick determination about which ones had the potential to make something really big.
O ano pasado coñecín 273 fundadores de empresas emerxentes. E todos buscaban cartos. Como investidor en tecnoloxía, o meu obxectivo era revisar todos os que coñecín e tomar unha determinación rápida sobre cales tiñan o potencial de facer algo realmente grande.
But what makes a great founder? This is a question I ask myself daily. Some venture capitalists place bets based on a founder's previous background. Did they go to an Ivy League school? Have they worked at a blue-chip company? Have they built out a big vision before? Effectively, how smart is this person?
Pero, que fai a un fundador grande? Fágome esa pregunta a diario. Algúns investidores capitalistas apostan baseándose nos antecedentes do fundador. Foron a unha escola da Ivy League? Traballaron en grandes corporacións? Chegaron a realizar antes unha gran visión? Na práctica, como de intelixente é esta persoa?
Other VCs asses a founder's emotional quotient, or EQ. How well will this person build teams and build rapport across customers and clients?
Outros investidores avalían o cociente emocional (CE) do fundador. Creará ben esta persoa equipos e boas relacións entre consumidores e clientes?
I have a different methodology to assess start-up founders, though, and it's not complicated. I look for signs of one specific trait. Not IQ, not EQ. It's adaptability: how well a person reacts to the inevitability of change, and lots of it. That's the single most important determinant for me. I subscribe to the belief that adaptability itself is a form of intelligence, and our adaptability quotient, or AQ, is something that can be measured, tested and improved.
Eu teño unha metodoloxía diferente para avaliar os fundadores, e non é complicada. Busco signos dun trazo específico. Nin CI nin CE. Adaptabilidade: o ben que reacciona unha persoa á inevitabilidade do cambio, de grandes cambios. Ese é o único e máis importante elemento para min. Teño a crenza de que a adaptabilidade en si mesma é unha forma de intelixencia, e o noso cociente de adaptabilidade, ou CA, é algo que se pode medir, probar e mellorar.
AQ isn't just useful for start-up founders, however. I think it's increasingly important for all of us. Because the world is speeding up. We know that the rate of technological change is accelerating, which is forcing our brains to react. Whether you're navigating changing job conditions brought on by automation, shifting geopolitics in a more globalized world, or simply changing family dynamics and personal relationships. Each of us, as individuals, groups, corporations and even governments are being forced to grapple with more change than ever before in human history.
Con todo, o CA non só é útil para os fundadores de empresas. Creo que cada vez é máis importante para todos nós. Porque o mundo está a acelerar. Sabemos que o ritmo do cambio tecnolóxico estase a acelerar, o que nos está obrigando a reaccionar. Tanto se están a cambiar as condicións laborais provocadas pola automatización, os cambios da xeopolítica nun mundo máis globalizado, ou simplemente os cambios da dinámica familiar e relacións persoais. Cada un de nós, como individuos, grupos, empresas e incluso gobernos estamos a ser obrigados a lidar con máis cambios que nunca na historia humana.
So, how do we assess our adaptability? I use three tricks when meeting with founders. Here's the first. Think back to your most recent job interview. What kind of questions were you asked? Probably some variation of, "Tell me about a time when," right? Instead, to interview for adaptability, I like to ask "what if" questions. What if your main revenue stream were to dry up overnight? What if a heat wave prevented every single customer from being able to visit your store? Asking "what if," instead of asking about the past, forces the brain to simulate. To picture multiple possible versions of the future. The strength of that vision, as well as how many distinct scenarios someone can conjure, tells me a lot.
E como valoramos a nosa adaptabilidade? Eu uso tres trucos cando me reúno con fundadores. Velaquí o primeiro. Pensen na súa entrevista de traballo máis recente. Que tipo de preguntas lles fixeron? Probablemente algunha variación de, "Fáleme dun momento no que", non si? Pola contra, para facer unha entrevista sobre adaptación, gústame facer preguntas tipo "e se". E se o seu fluxo de ingresos principal se esgota de súpeto? E se unha onda de calor impide que os clientes poidan visitar a súa tenda? Preguntando "e se" en lugar de preguntar sobre o pasado, obrigamos ao cerebro a facer unha simulación. A imaxinar múltiples versións posibles do futuro. A forza desa visión, así como cantos escenarios distintos pode conxurar alguén, dime moito.
Practicing simulations is a sort of safe testing ground for improving adaptability. Instead of testing how you take in and retain information, like an IQ test might, it tests how you manipulate information, given a constraint, in order to achieve a specific goal.
Practicar simulacións é unha especie de campo de proba seguro para mellorar a adaptabilidade. En vez de probar como captas e conservas información, como faría un test de CI, pon a proba cómo manipulas a información, dado un obstáculo, para alcanzares un obxectivo específico.
The second trick that I use to assess adaptability in founders is to look for signs of unlearning. Active unlearners seek to challenge what they presume to already know, and instead, override that data with new information. Kind of like a computer running a disk cleanup. Take the example of Destin Sandlin, who programed his bicycle to turn left when he steered it right and vice versa. He called this his Backwards Brain Bike, and it took him nearly eight months just to learn how to ride it kind of, sort of normally. The fact that Destin was able to unlearn his regular bike in favor of a new one, though, signals something awesome about our adaptability. It's not fixed. Instead, each of us has the capacity to improve it, through dedication and hard work.
O segundo truco que uso para avaliar a súa adaptabilidade é buscar sinais de desaprendizaxe. Os desaprendidos activos buscan desafiar o que cren saber, e en vez diso, anulan eses datos con nova información. Como un ordenador executando unha limpeza de disco. Tomen o exemplo de Destin Sandlin, que programou a súa bicicleta para xirar á esquerda cando él xirase á dereita e viceversa. Chamoulle a súa Bici Invertida, e levoulle case oito meses aprender a montala digamos que normalmente. O feito de que Destin fose capaz de desaprender a súa bici normal para facer no canto unha nova, sinala algo impresionante sobre a nosa adaptabilidade. Non é fixa. Porén, cada un de nós ten capacidade para mellorar, a través da dedicación e do traballo duro.
On the last page of Gandhi's autobiography, he wrote, "I must reduce myself to zero." At many points in his very full life, he was still seeking to return to a beginner's mindset, to zero. To unlearn. In this way, I think it's pretty safe to say Gandhi had a high AQ score.
Na última páxina da súa autobiografía, Gandhi escribiu: "Debo reducirme a cero." En moitos momentos da súa vida, seguía buscando volver á mentalidade dun principiante, a cero. Desaprender. Deste xeito, creo que é bastante seguro dicir que Gandhi tiña unha puntuación alta en CA.
(Laughter)
(Risas)
The third and final trick that I use to assess a founder's adaptability is to look for people who infuse exploration into their life and their business. There's a sort of natural tension between exploration and exploitation. And collectively, all of us tend to overvalue exploitation. Here's what I mean. In the year 2000, a man finagled his way into a meeting with John Antioco, the CEO of Blockbuster, and proposed a partnership to manage Blockbuster's fledgling online business. The CEO John laughed him out of the room, saying, "I have millions of existing customers and thousands of successful retail stores. I really need to focus on the money."
O terceiro e último truco que uso para valorar a adaptabilidade dun fundador é buscar xente que fomente a exploración na súa vida e nos seus negocios. Hai unha especie de tensión natural entre a exploración e a explotación. E colectivamente, todos tendemos a sobrevalorar a explotación. Refírome a isto. No ano 2000, un home conseguiu ter unha reunión con John Antioco, o CEO de Blockbuster, e propúxolle unha asociación para xestionaren o negocio en liña de Blockbuster. O CEO John riuse del e botouno da sala, dicindo: "Teño millóns de clientes existentes e miles de tendas minoristas exitosas. Necesito centrarme no diñeiro".
The other man in the meeting, however, turned out to be Reed Hastings, the CEO of Netflix. In 2018, Netflix brought in 15.8 billion dollars, while Blockbuster filed for bankruptcy in 2010, directly 10 years after that meeting. The Blockbuster CEO was too focused on exploiting his already successful business model, so much so that he couldn't see around the next corner. In that way, his previous success became the enemy of his adaptability potential.
Con todo, o outro home resultou ser Reed Hastings, o CEO de Netflix. En 2018, Netflix gañou 15 800 millóns de dólares, mentres que Blockbuster caeu na bancarrota en 2010, xusto 10 anos despois desa reunión. O CEO de Blockbuster estaba demasiado centrado en explotar o seu xa exitoso modelo de negocio, tanto que non podía ver á volta da esquina. Deste xeito, o seu éxito anterior converteuse no inimigo do seu potencial de adaptabilidade.
For the founders that I work with, I frame exploration as a state of constant seeking. To never fall too far in love with your wins but rather continue to proactively seek out what might kill you next. When I first started exploring adaptability, the thing I found most exciting is that we can improve it. Each of us has the capacity to become more adaptable. But think of it like a muscle: it's got to be exercised. And don't get discouraged if it takes a while. Remember Destin Sandlin? It took him eight months just to learn how to ride a bike.
Para os fundadores cos que traballo, eu enmarco a exploración como un estado de procura constante. Para que nunca se namoren demasiado das súas vitorias senón que sigan buscando proactivamente o que pode matalos máis tarde. Cando comecei a explorar a adaptabilidade por primeira vez, o que me pareceu máis emocionante é que podemos mellorala. Cada un de nós ten capacidade para facerse máis adaptable. Pensen nela como un músculo: ten que exercitarse. E non se desanimen se leva un tempo. Lembran a Destin Sandlin? Levoulle oito meses só aprender a andar en bicicleta.
Over time, using the tricks that I use on founders -- asking "what if" questions, actively unlearning and prioritizing exploration over exploitation can put you in the driver's seat -- so that the next time something big changes, you're already prepared.
Co paso do tempo, e usando os trucos que uso cos fundadores, facéndose preguntas tipo "e se", desaprendendo activamente e priorizando a exploración sobre a explotación poden poñerse no asento do condutor, para que a próxima vez que algo grande cambie, xa estean preparados.
We're entering a future where IQ and EQ both matter way less than how fast you're able to adapt. So I hope that these tools help you to raise your own AQ.
Estamos entrando nun futuro onde o CI e o CE importan menos que o rápido que se poidan adaptar. Así que espero que estas ferramentas lles axuden a aumentar o seu CA.
Thank you.
Grazas.
(Applause)
(Aplausos)